Publicador de contidos
Publicador de contidos

Marlaska pídelles aos partidos que non xeren alarmismo sobre o terrorismo

Marlaska pídelles aos partidos que non xeren alarmismo sobre o terrorismo

O ministro do Interior informa aos grupos do reforzo das medidas antiterroristas

Pide que non se vincule inmigración con terrorismo

Antón Montero 20/10/2023 20:42 Última actualización 20/10/2023 20:46

Fernando Grande-Marlaska trasladoulles aos representantes de todos os grupos palamentarios os detalles sobre o reforzo das medidas antiterroristas en España aprobados o pasado martes.

Van desde o aumento da blindaxe de embaixadas como a de Israel, os países árabes, Estados Unidos ou Francia, ata o reforzo da seguridade arredor de mesquitas ou sinagogas.

Marlaska pediulles que non se fagan eco de noticias falsas como algunhas dos que nos últimos días circularon polas redes sociais sobre a inminencia de atentados.

"Pedinlles aos grupos parlamentarios responsabilidade e sentido de Estado, elementos imprescindibles para evitar mensaxes que xeren desconfianza nas institucións ou un innecesario alarmismo nos cidadáns", dixo o ministro.
 

O titular de Interior insistiu na importancia de informarse só a través de fontes oficiais e pediu evitar os discursos que confunden inmigración e terrorismo.

Tamén respondeu ao alcalde de Madrid, que este xoves pediu elevar a alerta antiterrorista ao nivel 5: Marlaska lembroulle que esas decisións se toman sobre criterios obxectivos como os que manexa a mesa de valoración antiterrorista nas súas reunións semanais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade