Publicador de contidos
Publicador de contidos

Marlaska, sobre a traxedia de Melilla: "Non penso en dimitir. A fiscalía ten todas as imaxes"

Marlaska, sobre a traxedia de Melilla: "Non penso en dimitir. A fiscalía ten todas as imaxes"

"Eu son o que dá a orde de que todo ataque violento á fronteira española debe ser contrarrestado en parámetros de legalidade, proporcionalidade e necesidade", asegurou o ministro do Interior

Marlaska di que a fiscalía xa conta con todas as imaxes da actuación en Melilla e nega a edición

O ministro do Interior, este martes no Congreso. (EFE/ Javier Lizon)
G24.gal 10/11/2022 13:15 Última actualización 10/11/2022 14:51

O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, asegurou este xoves que "está tranquilo" e non pensa en dimitir "de ningún xeito" tras recruar a presión dos socios de Goberno e a oposición pola traxedia no valo de Melilla.

"Non penso en dimitir de ningún xeito. Volvo repetir que a Garda Civil actuou en parámetros de legalidade, proporcionalidade e necesidade", manifestou en declaracións aos xornalistas antes de asistir á toma de posesión da nova presidenta do Consello de Estado, Magdalena Valerio.

O titular de Interior defendeu a súa actuación: "Eu non me parapeto tampouco na Garda Civil porque eu son o que dá a orde de que todo ataque violento á fronteira española debe ser contrarrestado en parámetros de legalidade, proporcionalidade e necesidade e en política baseada no respecto absoluto aos dereitos humanos".
 

A fiscalía e o Defensor do Pobo levan desde xuño intentando saber exactamente que fallou e por que.Unhas das cuestións que deben investigar é se houbo incumprimento do deber de socorro cando os inmigrantes forzaron as portas de acceso ao lado español

180 días despois a investigación segue sen pecharse porque o material que lle enviou Interior non lles chega. E volven reclamar os completos, sen editar. Interior insiste en que teñen todo o que hai e aclara que nos vídeos que teñen non se racha a secuencia dos feitos. 

Podemos está a ser especialmente crítico. Tanto eles coma o resto dos grupos da esquerda esixen que dea explicacións e se abra unha comisión de investigación no Congreso pero o Goberno non a ve necesaria. A ministra de Facenda e vicesecretaria do PSOE, María Jesús Montero di que non procede porque o caso está a ser investigado pola Fiscalía. 

O PP apunta máis alto. Apela directamente ao presidente Sánchez e pídelle que tome decisións se Marlaska non comparece. Os populares non se pechan a tomar ningunha iniciativa no Congreso pero evitan aclarar cal. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade