Publicador de contidos
Publicador de contidos

Marlaska, sobre as protestas ante a sede do PSOE: "Non quero fascistas no meu país"

Marlaska, sobre as protestas ante a sede do PSOE: "Non quero fascistas no meu país"

O ministro do Interior asegura que non todos os manifestantes entran nesa categoría e insiste en que as forzas da orde actuaron no marco legal

G24.gal 13/12/2023 14:38 Última actualización 13/12/2023 14:49

O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, defendeu a actuación da Policía nas protestas contra a amnistía xunto á sede do PSOE, na madrileña rúa de Ferraz, e lamentou que entre as persoas alí concentradas houbese "fascistas": "Non quero para o meu país fascistas".

Marlaska asegurou que non todos os manifestantes entran nesa categoría e insistiu en que as forzas da orde actuaron no marco legal. Fíxoo en resposta ás acusacións de Gabriel Rufián de impunidade nesas protestas.

"Non hai impunidade", rebateu Marlaska, que asegurou que no momento no que estas protestas "invadiron" a legalidade as forzas de seguridade, neste caso a Policía Nacional, actuaron "garantindo sempre a seguridade do conxunto da sociedade, o exercicio dos dereitos por todos os cidadáns e sempre baixo criterios de legalidade e proporcionalidade".

Grande-Marlaska, sobre este tema, tamén acusou ao PP de "equivocarse de adversario" ao cuestionar o labor "exquisito e exemplar" da Policía Nacional nas protestas na sede do PSOE na rúa Ferraz, en lugar de centrarse en "desenmascarar" aos ultras violentos.

Tras lembrar que manifestarse é un dereito constitucional e que debe exercerse de forma pacífica, Marlaska deixou claro que as concentracións fronte á sede socialista que se celebran desde hai máis de 30 días contra a lei de amnistía saldáronse con 52 feridos -50 deles policías-, que a maioría non foron comunicadas e que a actuación policial ha seguido sempre os principios de "congruencia, oportunidade e proporcionalidade". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade