Publicador de contidos
Publicador de contidos

Martínez Almeida arremete contra a esquerda que o sinala no caso das comisións

Martínez Almeida arremete contra a esquerda que o sinala no caso das comisións

"Coas mesmas probas que ten a Fiscalía, a esquerda decidiu que aquí o culpable non é o que estafa, senón o estafado", asegura o alcalde de Madrid

G24.gal 15/04/2022 09:27

O alcalde de Madrid, José Luis Martínez Almeida, arremeteu este xoves contra os partidos de esquerda no consistorio polas súas críticas ante as novas revelacións sobre o caso das comisións no contrato de produtos sanitarios durante a pandemia.

A oposición pediulle explicacións tras coñecerse detalles da causa pola que o titular do Xulgado de Instrución número 47 de Madrid investiga aos empresarios Luís Medina e Alberto Luceño por presuntos delitos de estafa agravada, falsidade en documento mercantil e branqueo de capitais por tres contratos de emerxencia co Concello da capital para a compra de máscaras, tests rápidos e luvas por valor de 12 millóns de euros.

"Nun só día, e coas mesmas probas que ten a Fiscalía, a esquerda decidiu que aquí o culpable non é o que estafa, senón o estafado. O que pretende a esquerda é que dimita aquel que non ten nada que ver cos feitos", dixo Almeida.

O alcalde arremeteu contra o "o socialismo, o sanchismo e o podemismo". Para Almeida, a esquerda no Concello de Madrid puxo en marcha "tácticas" para "esnaquizar a confianza dos madrileños" e para impulsar "unha cacería" co obxectivo de "ver se dese xeito poden acceder ao poder".

Tamén foi preguntado sobre as declaracións do ministro de Cultura e Deportes, Miquel Iceta, que pediu ao presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, así como á cidade e á Comunidade de Madrid, "un esforzo" de transparencia sobre os gastos derivados da pandemia, neste caso a compra de máscaras que comportaron comisións millonarias a dous empresarios.

O alcalde respondeu que Iceta debe preguntar ao xefe do Executivo, Pedro Sánchez, e ao exministro de Sanidade, Salvador Illa, o motivo polo que "persoas do seu directo mando" tiveron que declarar ante a Xustiza por 56 contratos de compra de material sanitario que custaron 310 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade