Publicador de contidos
Publicador de contidos

Estabilizado o incendio de Tarifa

Estabilizado o incendio de Tarifa

Desactívase a alerta e os 70 veciños desaloxados xa poden volver as súas casas

G24.gal 07/04/2023 10:04

O tempo seco e solleiro mantén unha terceira parte do territorio español en risco extremo o moi alto de incendios forestais. O lume activo máis grande é o de Tarifa, que leva queimadas máis de 50 hectáreas e que esta mañá deuse por estabilizado.

As altas temperaturas e o vento que sopra con forza no Estreito están dificultando os traballos de extinción do incendio declarado na serra gaditana de San Bartolomé, ao norte de Tarifa, que esta mañá deuse por estabilizado.

Os refachos de ata 70 quilómetros por hora empurraron as lapas cara a zonas habitadas, o que obrigou a evacuar a 70 veciños do Chaparral, que nas próximas horas poderán volver as súas casas.

Case medio cento de bombeiros forestais, apoiados por un helicóptero, loitan contra o lume que arrasou xa 50 hectáreas de terreo.

Dous incendios activos en Asturias

En Asturias, hai dous incendios activos, os dous na parte occidental do Principado e outros noves están en vías de extinción.

Este Venres Santo o risco de incendio forestal é extremo ou moi alto en 71 dos 78 concellos asturianos.

Na mesma situación atópanse Cantabria, A Rioxa, o sur de Aragón, o Perineo catalán, a Comunidade Valenciana, Murcia e a maior parte de Andalucía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade