Publicador de contidos
Publicador de contidos

Medio Rural crea unha liña de axudas de 5,4 millóns pola enfermidade hemorráxica epizoótica

Medio Rural crea unha liña de axudas de 5,4 millóns pola enfermidade hemorráxica epizoótica

As subvencións van dirixidas tanto ás indemnizacións polos animais falecidos como para previr a expansión desta patoloxía

Máis de dous millóns de euros para as organizacións de produtores pesqueiros

G24.gal 23/09/2024 13:35 Última actualización 23/09/2024 14:47

O Consello da Xunta aprobou este luns lanzar unha nova liña de axudas de 5,4 millóns de euros destinadas ás explotacións gandeiras a causa da enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE).

As subvencións van dirixidas tanto para paliar as consecuencias desta patoloxía debido ao falecemento dos animais como para previr a súa expansión.

No caso da morte de reses os gandeiros recibirán entre 400 e 1.600 euros por animal sacrificado. As achegas referidas á prevención irán destinadas ao pagamento de custos dos tratamentos veterinarios, vacinas, ou desinfección, e serán de 20 euros por animal e ata un máximo de 4.000 euros por explotación.

Axudas aos produtores pesqueiros

O Goberno galego deu ademais luz verde ás axudas destinadas a organizacións de produtores pesqueiros e de acuicultura de Galicia. Serán dous millóns de euros, que teñen como obxectivo financiar os seus plans de producción e comercialización. Estas achegas alcanzarán o 75% dos gastos acreditados polas entidades beneficiarias

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar