Publicador de contidos
Publicador de contidos

Medra a oferta de restaurantes e obradoiros sen glute en Galicia

Medra a oferta de restaurantes e obradoiros sen glute en Galicia

 250 establecementos contan co certificado de seguridade alimentaria da Asociación de Celíacos

O selo distintivo garántelle ao enfermo celíaco que pode comer con total seguridade

G24.gal 04/02/2023 17:03 Última actualización 04/02/2023 18:19

O primeiro obradoiro de panadeira cen por cen sen glute de Santiago abriu na praza de abastos recentemente e xa conta con clientela fixa. 

Si algún xa vén todas as semanas. Véndese a torta de cenoria, as pastas de arandos, véndese todo moi ben, comenta a dependenta.

250 comercios e restaurantes en Galicia comprométense  a ter unha oferta de pratos e produtos libres de glute. Unha responsabilidade avalada polo certificado de seguridade alimentaria da Asociación de Celíacos de Galicia. Os establecementos con este distintivo sométense polo menos a dúas inspeccións ao ano.

Veñen e toman mostras de produtos aleatorios e despois din se está ben todo. Dá unha tranquilidade para nós de que estamos facendo as cousas ben e tamén para o cliente.

ACEGA asume o custo dos controis alimentarios, a formación e o asesoamento do persoal a través dun convenio que asina coa Xunta.

Para nós é importantísimo este convenio. Para nós sería inviable sen esta colaboración, asumir a formación a todo o persoal, pagar esas analíticas que son moi custosas, di Gloria Bernárdez, presidenta de ACEGA.

Agora vimos de incrementar o convenio que tiñamos o ano pasado co fin de abarcar máis restaurantes e comercios, engade Fabiola García, conselleira de Política Social e Xuventude.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar