Publicador de contidos
Publicador de contidos

"Somos celíacos, non millonarios" é o lema elixido para este ano para conmemorar o Día da Enfermidade Celíaca

"Somos celíacos, non millonarios" é o lema elixido para este ano para conmemorar o Día da Enfermidade Celíaca

A patoloxía afecta unhas 450.000 persoas en España, pero arredor do 70 por cento dos casos están sen diagnosticar

G24.gal 16/05/2024 14:40 Última actualización 16/05/2024 14:53

A materia prima necesaria para elaborar este tipo de produtos encarece a alimentación dos doentes. 

No Día da Enfermidade Celíaca esta é unha das súas principais reivindicacións para que a cesta da compra deixe de ser un luxo. "Fanse estudos sobre o que custa un celíaco na casa e roza os 900 ou 1.000 euros anuais", sinala unha afectada, unha situación que sen dúbida se agrava xa que "no soe haber só un celíaco, senón máis", engade.

Cada vez hai máis restaurantes con menús sen glute e supermercados con seccións con este tipo de produtos. Porén, o seu prezo segue a ser un problema xa que "o custo da materia prima é 3 veces maior", segundo un traballador do sector.

Aínda así, o colectivo loita para facer esta patoloxía máis visible, xa que afecta unhas 450.000 persoas en España. Con todo, arredor do 70 % dos casos están sen diagnosticar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade