Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tortilla de patacas a prezo de ouro

Tortilla de patacas a prezo de ouro

A suba dos ingredientes dispara o prezo da tortilla de patacas

Elaborar unha tortilla é hoxe un 62,9 % máis cara que hai 3 anos

A tapa de tortilla non subiu ao mesmo nivel que os seus ingredientes
G24.gal 22/08/2024 15:28

"O que non se lle pode quitar é a tortilla á xente, se non estamos amolados, iso é primordial, haberá que gañar un pouco menos pero a tortilla hai que poñela", explica José Manuel García, encargado Café-Bar Nariño.

"Agradécese, e que sigan dando estas tapiñas de balde porque está moi ben".

 "Vas a bares aquí pola zona que che cobran ao mellor os 2,50 e póñenche uns cacahuetes e unhas pataquiñas e tal, o da tortilla que aquí era un bo cacho, agradécese moito", comentan os clientes.

A tortilla ten un superpoder de convocatoria, é a raíña das tapas. Onde hai tortilla, hai sempre clientes.

"Home, iso atrae a xente", apunta outro.

Pero o prezo da tortilla xa non é o que era.

 "Si, claro, é que agora a tortilla xa é un prato caro, si eu comprendo que é caro", confirma Pepa Miranda, propietaria de Casa Miranda.

A inflación dos últimos anos disparou o seu prezo.

 "Si, si, de hai dous anos para aquí, moitísimo, ultimamente máis", continúa.

Hoxe custa un 63 % máis.


"O ovo custaba 1,65 e agora está a 2,20, por exemplo. A pataca estaba a 0,65 e agora está a 1,20, e o aceite xa non che quero contar", enumera José Manuel García.

Malia esta suba, os hostaleiros sacrifican ganancias para non perder clientes.

 "Pouco máis subimos, pero seguímola dando igual de tapa porque se non damos tortilla pola mañá co café e pola tarde noite coas cervexas e tal a xente deixa de vir", confesa David Jiménez, empregado no bar Doña Julia.

 "Non podes subir realmente o que sobe o produto porque se non non venderías a tortilla", razoa José Manuel García, encargado do Café-Bar Nariño

Moitos clientes non son conscientes desta realidade que están a vivir os hostaleiros.

 "Nunca o pensas cando vas tomar unha consumición, pensas que xa ao subir a consumición que xa vai incluído a outra suba tamén, pero ben".

 "Se teñen que subir o viño 20 céntimos, que o suban, ou a cervexa, pero a tapa non a deben de sacar".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade