Máis de vinte postos con comida apta para celíacos nunha feira gastronómica en Santiago
Máis de vinte postos con comida apta para celíacos nunha feira gastronómica en Santiago
É unha das actividades para conmemorar o Día da Enfermidade Celíaca
O evento conta con actividades de animación e ata cun concerto
Máis de dúas mil familias forman parte da Asociación de Celíacos de Galicia e este domingo celebran unha xornada de convivencia en Santiago.
"Reivindicamos máis axudas, a nivel social para poder relacionarnos e comer e saír cos amigos. Gustaríanos ter máis oferta gastronómica e hoxe na festa temos un montón de casas comerciais que nos ofertan produtos sen glute".
Os asistentes tiñan a opción de consumir un menú degustación e adquirir produtos aptos para celíacos: empanadas, doces, requeixos ou marmeladas.
"Gústame a feira, probei empanada, chourizo, gústame a comida que hai aquí".
"Traballo nun supermercado e tamén temos zona de celíacos, pero é todo bastante caro, debíanlle baixar un pouco os prezos".
"Os produtos son moi caros e hai que facer moitas contas para poder comprar".
Ata unha filloeira de Lestedo está entre os máis de vinte postos instalados na feira.
"Cambia o que é o amoado, os ingredientes son diferentes ao non poder levar glute, pero no filloeiro igual. E de sabor, ben, non estupendísimas, pero ben".
A xuntanza conta con actividades de animación e rematará cun concerto.