Medra a porcentaxe de mulleres con cancro de pulmón

Aínda que a esperanza de vida vai en aumento, o cancro de pulmón segue a ser o máis mortal no noso país

No día mundial desta enfermidade, os especialistas advirten de que cada vez hai máis casos entre as mulleres, polo tabaquismo

G24.gal 17/11/2023 14:45

O tabaco segue a ser a causa principal do cancro de pulmón, entre o 80 e o 90 por cento dos casos. Ao tabaquismo atribúen tamén os especialistas o aumento da incidencia entre as mulleres, que representan xa un de cada catro pacientes.

"Eu fun fumadora pasiva moitos anos, o meu home fumaba", sinala Mercedes Rodríguez, operada de cancro de pulmón hai 13 anos.

É o cancro que máis mortes causa, 23.000 ao ano en España, en boa medida pola tardanza no diagnóstico e é aí onde se centran os esforzos médicos, para unha detección precoz, coma o proxecto Casandra, de cribados entre fumadores, ou a ecobroncoscopia que realizan aquí, no Hospital de Ourense, coa participación de distintos especialistas para axilizar os resultados.

Isaura Parente, pneumóloga no hospital de Ourense: "Permite comprobar no momento se as mostras son válidas e de calidade, para facer estudos moleculares e xenéticos, que van axudar moito ao tratamento personalizado".

A Mercedes diagnosticárona hai xa 13 anos. Quere que o seu caso sirva de estímulo a outros pacientes: "Día a día. Sabemos que hai que seguir loitando, pero sen presión. Que se animen e que pensen así", do Mercedes.

Se se diagnostica no primeiro estadio da enfermidade, a supervivencia supera o 90 %.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade