Medra o consumo de produtos ecolóxicos en Galicia, que chega ata o 62 %
Medra o consumo de produtos ecolóxicos en Galicia, que chega ata o 62 %
O informe do CRAEGA conclúe que a porcentaxe de consumo aumentou 12 puntos nos últimos tres anos
Seis de cada dez persoas consomen produtos ecolóxicos en Galicia, segundo o último barómetro do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica, o CRAEGA. O informe conclúe que a porcentaxe de consumo destes alimentos aumentou 12 puntos nos últimos tres anos.
Os produtos máis demandados son os frescos, pero tamén aumenta a venda dos elaborados. Crece a popularidade do ecolóxico, que se vende sobre todo nos supermercados de proximidade, e mellora o recoñecemento do selo de certificación ecolóxica.
"Hai unha mellora clara na percepción do selo. Iso é un traballo que se fai tanto dende o punto de vista da promoción como da defensa do significado do ecolóxico, que é un requisito de Europa e ten que estar amparado e vixiado polo consello regulador", explica José Luis Cabarcos, director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL).