Cargando resultados...
Megasa paraliza a fundición ata abril polo prezo da electricidade
Megasa paraliza a fundición ata abril polo prezo da electricidade
Uns cincuenta traballadores van para a casa e compensarán o paro de 18 xornadas con vacacións e días libres
Imaxe de arquivo da fábrica de Megasa en Xuvia, Narón
G24.gal
10/03/2022 08:02
A carestía da electricidade leva a empresa Megasa, en Narón, a parar o forno de fundición ata abril. Os traballadores afectados, uns cincuenta, recuperarán estas 18 xornadas perdidas en días libres e nunha semana de vacacións.
Os operarios da sección de laminación continuarán traballando con normalidade. Outras empresas siderúrxicas tamén reduciron actividade. Acerinox apagou a planta de produción de aceiro de Andalucía e está pendente de pechar a laminación en quente, polo que ten en marcha un ERTE progresivo para os seus case 1.800 traballadores. Arcelor Mittal tivo que parar este mércores o seu forno na factoría de Euskadi.