Publicador de contidos
Publicador de contidos

Melide e Arzúa absorben cada día o intenso tráfico propio dunha autovía

Melide e Arzúa absorben cada día o intenso tráfico propio dunha autovía

A situación empeorou coa apertura dos últimos quilómetros da A-54, os transportistas cambiaron a súa ruta e agora usan a que atravesa as dúas vilas

G24.gal 14/09/2022 14:25

Camións, autobuses, e moitos peregrinos que agardan pacientes o seu momento de cruzar a estrada. É o día a día no centro de Melide. "Quitar o tráfico pesado sería un alivio", din os veciños.

A mesma situación vívese en Arzúa, as dúas vilas absorben cada día o tráfico e o ruído propio dunha autovía. "O peor é polas mañás, cos repartidores, a xente que vai traballar", conta un veciño. 

Sempre foron vilas con gran movemento de tráfico, están no epicentro do Camiño de Santiago, pero coa apertura dos últimos nove quilómetros da autovía, moitos transportistas cambiaron a súa ruta por esta e agora o paso de camións é continuo.

"Por aquí teñen menos camiño a Lugo, entón agora veñen por aquí", asegura unha veciña.

A A-54 segue en obras, quedan por abrir 28 quilómetros, o tramo que aliviaría de tráfico as dúas vilas.

"Que acaben a autovía xa, é necesaria", asegura un condutor. Pero de momento non hai data para a súa apertura total.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade