Mellora a situación en Ponteareas, aínda que continúan as precaucións
Mellora a situación en Ponteareas, aínda que continúan as precaucións
Baixou a auga en Moreira, Ribadetea e A Freixa
Aínda quedan balsas de auga nalgunhas estradas de Ponteareas que se están a pechar por precaución. Tamén en Moreira os bombeiros alertaban antes das once doutra posible enchente do Tea que os veciños poderían quedar illados. Tamén a avisan de que cómpre colocar os vehículos en lugares elevados onde non chegue o río.
Ana Paula optou por abandonar a vivenda, a outra opción era permanecer nela mentres durase a enchente. No último asolagamento a auga estragoulle o coche e cae entra polas fiestras.
A imaxe mellorou este xoves con respecto a onte tanto na Moreira, como en Ribadetea ou na Freixa. Ademais da choiva os veciños están pendentes tamén das mareas e da apertura de comportas en encoros como Frieira.