Publicador de contidos
Publicador de contidos

Meloni:"Nunca sentín simpatía por réximes antidemocráticos, incluído o fascista"

Meloni:"Nunca sentín simpatía por réximes antidemocráticos, incluído o fascista"

A primeira ministra supera a primeira votación de investidura

Meloni di que o seu Goberno non quere sabotar a UE, senón facela máis eficaz

G24.gal 25/10/2022 13:17 Última actualización 25/10/2022 21:02

A primeira ministra italiana e líder da ultradereita Irmáns de Italia, Giorgia Meloni, asegurou este martes que o seu Goberno non quere sabotar a Unión Europea, "senón facela máis eficaz", durante o seu primeiro discurso na Cámara dos deputados e tras o que se someterá a un voto de confianza, requisito para investidura.

Meloni agradeceu as mensaxes que recibiu das principais institucións europeas e explicou que sabe que "curiosidade" sobre a actitude que terá o Goberno cara a UE ao que respondeu que a "Unión Europea non sempre estivo preparada" pero que "por facerse preguntas non quere dicir que sexan herexes" senón que "son pragmáticos".

Asegurou que o obxectivo do seu Goberno será "non frear ou sabotar a UE, senón facela máis eficaz en resposta ás crises", e engadiu que o país respectará "as normas actualmente en vigor" en materia presupostaria.

A mandataria afirmou que sente o peso de ser a primeira muller en gobernar Italia e agradeceu a todas as mulleres "que pasan por dificultades para facer valer o seu talento" e tamén lembrou a aquelas mulleres que "construíron esa escaleira que hoxe me permite romper este pesado teito de cristal".

Giorgia Meloni afirmou que "nunca sentín simpatía por réximes antidemocráticos, incluído o fascista", durante o seu discurso na Cámara dos Deputados. Meloni, que iniciou a súa carreira nas xuventudes do Movemento Social, un partido posfascista, asegurou que as leis raciais contra os xudeus, aprobadas polo réxime de Benito Mussolini, "son o punto máis baixo" da historia italiana.

 

Supera a primeira votación da investidura

A nova primeira ministra de Italia logrou a súa investidura na Cámara de Deputados grazas aos votos da súa coalición e á espera agora completar o trámite este mércores no Senado, un formalismo porque alí tamén conta con maioría.


Meloni alcanzou a maioría absoluta con 235 votos a favor, dun total de 400, grazas ao seu partido, Irmáns de Italia, e os seus socios de coalición, a liga de Matteo Salvini e Forza Italia, de Silvio Berlusconi, ademais doutras pequenas formacións.  O trámite da súa investidura, un formalismo por contar cos números suficientes, terminará mañá no Senado, en

"O Goberno obtén a confianza da Cámara de Deputados. Agradezo a todas as forzas políticas por escoitar as liñas do programa que o Executivo pretende poñer en marcha para impulsar Italia. Mañá estarei no Senado para outro paso importante. A ruta está trazada: seguimos adiante", tuiteou Giorgia Meloni,  primeira ministra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade