Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mercado de arte de Nadal dun día na praza de abastos do Calvario

Mercado de arte de Nadal dun día na praza de abastos do Calvario

¨Notodoelpescadoestávendido" organiza este mercado alternativo

G24.gal 11/12/2022 14:52 Última actualización 11/12/2022 15:27

Desde bonecos feitos de la e feltro, pezas de cerámica exclusivas, láminas de acuarela, roupa, cuncas, ata ourivería, no mercado de nadal do Calvario hai de todo. 

Todo é diferente, obxectos que non se poden atopar nas tendas, esa foi a teima das organizadoras de "Notodoelpescadoestávendido" que levan xa oito edicións deste mercado efémero dun día que se celebra o día das letras e en tempo do Nadal.

Actuacións para nenos e maiores, contacontos, música e mesmo un concerto de pais e fillos ás cinco e media da tarde, ao que non fai falla levar instrumentos. O mercado pecha ás sete con outro concerto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar