O Mercado de Nadal Solidario da Coruña recada fondos para a Cociña Económica
O Mercado de Nadal Solidario da Coruña recada fondos para a Cociña Económica
Esperan chegar aos 25.000 euros para a Cociña Económica da Coruña
Os amantes das antigüidades non poden perder moitos dos tesouros que se agochan neste mercado: pintura, lámpadas, espellos ou porcelana de todo tipo.
E lonxe do que puidese parecer, son pezas ao alcance de todos os petos, que tamén atraen clientes de todas as idades, incluídos os máis novos. E polo xeral, quen vén... repite. Porque son xa máis de trinta os anos que este mercado leva funcionando grazas ao traballo desinteresado dun grupo de voluntarios que colaboran no labor de busca, restauración e preparación do material. E todo para facer estas datas especiais, tamén aqueles que máis o necesitan.
O obxectivo este ano é chegar aos 25.000 euros, e para iso as portas do mercado non se pecharán ata que isto se consiga.