O mercado renacentista de Viveiro enche as rúas de artesanía e música
O mercado renacentista de Viveiro enche as rúas de artesanía e música
Nos postos da zona histórica ofrecéronse herbas medicinais, xoguetes ou alfaias
Fin de semana longa e animada en Viveiro, co desembarco e cun mercado renacentista ambientado con pasacalle e con personaxes fantásticas de longas orellas e abanos por mans.
Son os que ambientan o mercado, un espazo no que se atopa de todo. Comecemos polo queixo. Pero tamén hai alfaias, artesanía ou remedios en forma de herbas.
O mercado renacentista tamén ofrece espazo para obxectos como fotografías en pedra. Acompañamos unha rapaza no proceso.
Aquí está o resultado. Brillante, como estivo este domingo o día en Viveiro, acompañando a décimo sexta edición do mercado medieval.
O ambiente, tranquilo e relaxado, convida ao paseo e ao pracer de pasear pola zona histórica e ir vendo e comprando algo nos postos.