Publicador de contidos
Publicador de contidos

Miguel Tellado acusa o Goberno de España de sacar tallada política da crise da DINA

Miguel Tellado acusa o Goberno de España de sacar tallada política da crise da DINA

O voceiro do PP no Congreso culpa a Pedro Sánchez de deixar soa a Generalitat Valenciana

G24.gal 09/11/2024 14:37

O portavoz do PP no Congreso, Miguel Tellado, acusou o Goberno de sacar tallada política da traxedia de Valencia e cargou contra a vicepresidenta terceira e ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, á que culpou de estar máis preocupada de ser comisaria europea que de atender as súas responsabilidades. Tellado puxo en valor o traballo da Generalitat Valenciana na xestión da crise da DINA, pero lamentou a falta de apoio da administración central.

"O Goberno de España quedou perfectamente retratado con esa frase que perseguirá a Pedro Sánchez ata o final da súa vida política: 'Se necesitan axuda, que a pidan'. As administracións teñen competencias e responsabilidades que son irrenunciables. Lamentablemente o Goberno de España non estivo á altura e deixou soa a Generalitat Valenciana".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade