Publicador de contidos
Publicador de contidos

Miguel Tellado pide a retirada do plan de aforro enerxético

Miguel Tellado pide a retirada do plan de aforro enerxético

O vicesecretario de Organización do PP pide contención do gasto superfluo

G24.gal 08/08/2022 14:49 Última actualización 08/08/2022 14:57

O vicesecretario de Organización do PP esixiu ao presidente do Goberno a retirada inmediata deste plan, ao que se referiu como de "improvisación enerxética".  Miguel Tellado di que hai meses que o partido popular vén reclamando un plan de medidas de aforro pero non só enerxético, tamén de contención do gasto público.

"É unha broma de mal gusto ver coma un Goberno con 22 ministerios e 800 asesores pide máis esforzos ás pequenas e medianas empresas. É unha broma de mal gusto que un presidente que utiliza semanalmente un helicóptero para desprazarse unhas decenas de quilómetros pida ás familias que volvan apertar o cinto. É unha broma de mal gusto que un Goberno que só se compromete a quitar a gravata pida a todos os españois que se sacrifiquen aínda máis", dixo Miguel Tellado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade