Miles de persoas gozan do Corpus de Ponteareas e das 26 alfombras de flores
Miles de persoas gozan do Corpus de Ponteareas e das 26 alfombras de flores
O Corpus Christi de Ponteareas, festa de Interese Turístico Internacional, recuperou as cifras previas á pandemia, miles de visitantes e vinte e seis alfombras de flores dispostas en seis mil metros cadrados. O día grande na capital do Condado volveu mesturar arte efémera cunha tradición relixiosa de dous séculos de antigüidade.
O Corpus de Ponteareas non comeza o domingo do Corpus, o domingo das comuñóns católicas. Faino moito antes coa recolleita e a preparación de cores e texturas florais. As alfombras de Ponteareas son das poucas que se elaboran con pétalos frescos. Coma sempre usaron mirto, tuias, mimosas, hortensias, e tamén algunha buganvílea. Todo de xardíns do Condado. Este ano exhibiron 26 tapices.
"Arte efémera, sempre é arte efémera. Dicía o gran maestro Álvaro Cunqueiro que dura máis unha rosa cortada que unha alfombra do Corpus de Ponteareas", conta Miguel Angel García, presidente da Asociación de Alfombristas Corpus Crhisti de Ponteareas.
"E que isto é pétalo a pétalo. E iso hai que conservalo en bodegas moi fresquiñas, con aire, e irlles dando voltas todos os días e así se vai traballando segundo a alfombra que teñas" explica a TVG Floro Benito, alfombrista do tapiz da Praza Maior.
Aínda que tamén hai visitantes que non están movidos pola fe relixiosa, a esencia desta festa, o apoxeo, segue sendo que a procesión do Corpus Christi pise os tapices ata desfacelos emprazando os fieis ao Corpus de 2024.
Miles de visitantes gozaron baixo o sol da arte efémera de facer mantos con flores no chan.