Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Corpus de Ponteareas exhibe as súas alfombras nun ano con pouca flor

O Corpus de Ponteareas exhibe as súas alfombras nun ano con pouca flor

A maduración tardía das hortensias complicou a elaboración dos tapices, pero ao final tiveron pétalos e talos dabondo

G24.gal 02/06/2024 14:34 Última actualización 02/06/2024 14:56

A festa do Corpus Christi de Ponteareas aspira a converterse en Patrimonio da Unesco, e este domingo quere demostralo dando o mellor de si, enchendo a vila de alfombras de flores.

Este ano a maduración tardía das hortensias complicou facer os tapices pero ao final tiveron pétalos e tallos dabondo. 

"Este ano foi un reto porque non había flores. Nestes momentos. Unha das flores más importantes para o Corpus é a hortensia. E aínda non floreceu. Así que as cores deste ano das alfombras foron moi diferentes", relata á TVG Rosa María Tebar, redactora do xornal Atlántico Diario.

"Si. Pero ao final... é verdade que na última semana ao principio caro nos custou conseguir flor. Eu comentei que o ano pasado sairamos un domingo e trouxeramos 35 barreños, e este ano o mesmo domingo so trouxemos catro. Pero pouco a pouco esforzámonos, houbo que saír máis lonxe e ao final conseguimos traer toda a flor.", explica  Miguel Ángel García Correa, o Presidente da Asociación de alfombristas de Pontareas.

Este ano, ademais, foron moitos os que gabaron a solemnidade da procesión, o momento no que os fieis pisan os tapices feitos polos artistas de Ponteareas.

"Había xa moitos anos, máis dunha década, que o Corpus non recuperaba a solemnidade de hoxe. E hoxe foi un Corpus moi especial con esa estrea da marcha procesional do Corpus que foi un agasallo da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense", volve concretar unha das xornalistas que máis coñece esta festa, Rosa María Tebar, redactora do Atlántico Diario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar