Publicador de contidos
Publicador de contidos

As alfombras florais da Guarda, en loita contra o cancro

As alfombras florais da Guarda, en loita contra o cancro

Queren facer unha homenaxe a Dani, que era o encargado de facer os debuxos das alfombras e faleceu a causa desta enfermidade

Voluntarias traballando nas alfombras
G24.gal 31/05/2024 17:48

Esta fin de semana moitos concellos cumprirán coa tradición de elaborar as súas alfombras do Corpus. Na Guarda queren cumprir un dobre obxectivo: facer unha homenaxe á loita contra o cancro e poñer en valor esta tradición que necesita das xeracións máis novas para continuar. Non quixeron desvelar o seu deseño, pero si que será unha alfombra capaz de iluminar o mundo.

A das alfombras florais é unha tradición que forma parte da identidade dos guardeses. Mantela viva é a prioridade. Este ano esa remuda xeracional será unha realidade. Os alfombristas atoparon polo camiño aos amigos de Dani, cumprindo o último desexo deste mozo falecido por cancro de páncreas.

Ese sol co que xa recadaron mais de 25.000 euros para a investigación estará tamén nas alfombras do Corpus poñendo en valor unha tradición e concienciando na loita contra o cancro. Agardan que moitas persoas axuden na confección da alfombra e converter así as flores en sorrisos, coma o de Dani, capaces de iluminar o mundo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade