Publicador de contidos
Publicador de contidos

Miles de persoas protestan en Pamplona contra o pacto de Bildu e o PSOE para a alcaldía

Miles de persoas protestan en Pamplona contra o pacto de Bildu e o PSOE para a alcaldía

A actual rexedora, Cristina Ibarrola, acusou os socialistas de "vender Pamplona" para ter o Goberno de España

Núñez Feijóo sostén que este "pacto encapuchado" constitúe a "última mentira de Pedro Sánchez"

G24.gal 17/12/2023 14:11 Última actualización 17/12/2023 14:27

Unha ateigada praza Consistorial de Pamplona foi o escenario da concentración convocada por Unión del Pueblo Navarro para protestar polo pacto entre Bildu e os socialistas que os desaloxa da alcaldía da cidade. A protesta desenvolveuse baixo o lema "Pamplona non se vende", que foi coreado en varias ocasións polos presentes. O acto contou coa participación de diversos representantes políticos do PP, Vox e Ciudadanos.

A actual alcaldesa, Cristina Ibarrola, de UPN, dixo que os "mataron antes de nacer" porque a moción estaba prevista desde hai tempo.

"O Partido Socialista acaba de entregarlle a Bildu o seu ben máis desexado, o Concello de Pamplona. O partido socialista vendeuno; mellor dito, vendeuno hai seis meses e só para manter a cambio o Goberno de Navarra e o Goberno de España".

Antes do acto, compareceu ante os medios Núñez Feijóo e insistiu en que esta moción de censura é a primeira factura do que denominou "pacto encapuchado" dos socialistas e Pedro Sánchez con Bildu:

"A última mentira de Sánchez é negar e insistir en que nunca pactaría con Bildu. É evidente que Sánchez quere indignidade e esquecemento e nós queremos dignidade e memoria".

Precisamente, o PP vai centrar neste pacto, que lle dará a Bildu a alcaldía de Pamplona, a última sesión de control do ano no Senado, onde conta con maioría absoluta.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade