Miles de persoas seguen á intemperie en Marrocos, sete días despois do tremor
Miles de persoas seguen á intemperie en Marrocos, sete días despois do tremor
Houbo case 3.000 persoas falecidas e máis de 6.000 feridas
O helicóptero é o único xeito, ou polo menos o máis rápido, para chegar a lugares como Amizmiz, unha localidade ao sur de Marrakech, onde o terremoto de hai unha semana arrasou boa parte dos edificios e provocou un número de vítimas aínda por concretar.
Son apenas cinco minutos en cada destino, o xusto para deixar auga e comida ás máis de 120.000 persoas que sobreviven nesta zona en tendas de campaña.
"Tiñamos una vida estable, unha vida normal, pacífica, e todo cambiou nun abrir e pechar de ollos, e agora non temos nin cousas básicas, como baños ou auga", di Zina Mechghazzi.
"Estamos en setembro, o inverno e a tempada de chuvias achéganse. A situación é moi difícil, especialmente para os nenos, porque estamos en tendas de campaña. Eu son pai de catro fillos, e o frío e a chuvia serán un desafío", engade Rabi Mansour.
Axuda á ONU
A ONU agarda que esta fin de semana o goberno de Marrocos pida oficialmente a axuda internacional, xa que ata o momento só permitiu entrar no país aos equipos de España, o Reino Unido, Qatar e os Emiratos Árabes.
Reconto de vítimas
Arredor de 3.000 médicos e persoal sanitario atenden as persoas feridas, mentres os equipos de emerxencias traballan co convencemento de que xa non hai superviventes entre os cascallos.
As últimas cifras oficiais din que o sismo ocasionou polo menos 2.946 persoas mortas e 6.125 feridas, das que case 900 están graves.