Publicador de contidos
Publicador de contidos

Milleiros de apicultores rematan estes días a campaña coa castra do mel

Milleiros de apicultores rematan estes días a campaña coa castra do mel

A colleita será escasa en mel de eucalipto e de breixo por causa da abundante chuvia

A cera de mellor calidade, o opérculo, pódese retirar cunha máquina ou de xeito manual
Félix Aragunde 25/09/2024 20:31 Última actualización 25/09/2024 20:54

Estímase que en Galicia hai unhas 4.500 explotacións apícolas, cunhas 200.000 colmeas. As primeiras que se esmelgaron foron as da costa, mentres que as últimas están a ser as da montaña. Unhas e outras tiveron unha colleita en xeral escasa debido á abundante chuvia deste ano.

Unha vez retirados os panais das colmeas, un labor que se adoita realizar polas mañás nos apiarios, pola tarde toca traballar no obradoiro. Aquí é onde os apicultores lles retiran o opérculo, esa fina capa de cera que sela o mel, antes de centrifugalos.

Manuel Sande, secretario da Asociación Provincial de Apicultores de Lugo: "Quítaselle ese opérculo ao cadro e vai ao extractor, una centrifugadora onde o mel sae cara aos laterais. E logo déixase decantar un par de días para eliminar as impurezas".

Considérase que un mel é monofloral cando a procedencia dunha soa especie supera un mínimo da produción que pode variar entre o 35 e o 70 por cento en función da planta.

O mel centrifúgase no extractor, decántase e madura durante 20 días antes de ser envasado O mel centrifúgase no extractor, decántase e madura durante 20 días antes de ser envasado

Ao contrario que a colleita da costa ou da montaña, con predominancia do eucalipto e do breixo respectivamente, a das zonas baixas do interior si que foi boa este ano.

Manuel Sande, secretario da Asociación Provincial de Apicultores de Lugo: "Vai haber moi pouco mel de eucalipto este ano, e van saír meles monoflorais sobre todo de silva e de castiñeiro".

Tocante aos prezos, oscilan entre os tres euros e medio o quilo a granel e os dez euros de venda ao público por parte dos pequenos produtores, que a fin de semana vindeira teñen unha importante cita en Lugo na trixésimo primeira edición da Feira do Mel.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade