Milleiros de agricultores protestan en Madrid coincidindo co Consello de Ministros europeo
Milleiros de agricultores protestan en Madrid coincidindo co Consello de Ministros europeo
As organizacións agrarias di que reuniron 20.000 persoas de varios puntos de España
Procedentes de varios puntos de España, os tractores chegaron ata as portas do Ministerio de Agricultura. Milleiros de gandeiros a pé, 5.000 segundo a delegación do Goberno e 20.000 segundo as organización agrarias, uníronse á marcha ata a sede da Oficina do Parlamento Europeo en Madrid.
As organizacións agrarias escolleron as oficinas da UE para pechar esta convocatoria coincidindo coa reunión que se está celebrando este luns en Bruxelas dos ministros de Agricultura europeos.
Francisco Bello, de Xóvenes Agricultores, di: "Vimos esixirlle ao Ministerio de Agricultura e ao o goberno de Pedro Sánchez que actúe ante Bruxelas e que cambien a política europea. O que non pode ser é unha PAC que non está feita para a cornixa cantábrica nin para Galicia".
Os gandeiros galego reclaman medidas específicas
Os gandeiros galegos, convocados por Unións Agrarias, o Sindicato Labrego Galego e Xóvenes Agricultores reclaman medidas específicas para a comunidade.
Isabel Villalba, secretaria sindicato labrego galego, defende: "Pedimos que nos recoñezan ese papel básico que temos en producir alimentos de calidade. E que non se nos expulse cunhas esixencias que non están adaptadas ás explotacións galegas e ao noso territorio".
Félix Porto, coordinador Unións Agrarias, opina: "Quen ten a capacidade de tomar decisións para modificar estas cuestións que nos fan dano que o faga dunha vez por todas e de forma inmediata".
A pesca, tamén na protesta
Ás protestas do agro sumouse tamén o sector da pesca de Galicia.
Edelmiro Ulloa, xerente Cooperativa de Armadores de Vigo, di: "As súas reivindicacións son as nosas".
Para esta semana está prevista unha nova reunión do sector co ministro de Agricultura. Os agricultores din que as medidas comprometidas polo Gobeno non son suficientes. Hai novas convocatorias previstas para as próximas semanas.