Milleiros de persoas protestan en Palma de Mallorca contra a masificación turística da illa
Milleiros de persoas protestan en Palma de Mallorca contra a masificación turística da illa
Trátase da segunda gran manifestación destas características tras a celebrada o 25 maio, que reuniu 10.000 persoas na capital balear
Varios milleiros de persoas saíron este domingo ás rúas de Palma de Mallorca para protestar contra a masificación turística da illa, a caída dos salarios, a perda de calidade de vida polos atascos en estradas e praias, o ruído, o consumo do territorio e o continuo aumento do prezo da vivenda.
Trátase da segunda gran manifestación destas características tras a celebrada o pasado 25 maio, que reuniu 10.000 persoas na capital balear.
A protesta deste domingo, baixo o lema Cambiemos o rumbo, poñamos límites ao turismo, foi organizada pola Plataforma Menos Turismo, Más Vida, á que se sumaron unhas 110 entidades, colectivos e movementos sociais de Mallorca.
A manifestación, en plena tempada turística, quere ser "un punto de inflexión, un golpe sobre a mesa, e o inicio de accións e mobilizacións nas catro illas, non só en Mallorca, que se estenderán máis aló do verán", explicaron os seus organizadores.