Publicador de contidos
Publicador de contidos

Minuto de silencio e concentracións contra o crime machista de Logroño

Minuto de silencio e concentracións contra o crime machista de Logroño

O detido, que quixo suicidarse botándose ao río, podería pasar este luns a disposición xudicial

Os tres fillos da parella están nun centro de acollida ata que localicen algún familiar 

G24.gal 09/07/2023 20:50 Última actualización 09/07/2023 20:59

En Logroño continúan as mostras de dor e de repulsa contra o crime machista deste sábado. O domingo pola tarde celebrouse unha concentración xunto a un mural contra a violencia de xénero, e ao mediodía, centos de persoas gardaron un minuto de silencio en solidariedade coas vítimas. 

Unhas 300 persoas concentráronse ao mediodía no centro de Logroño e gardaron un minuto de silencio en lembranza da muller asasinada o sábado polo seu home, que despois intentou suicidarse botándose ao río, levando con el os tres fillos da parella, de entre 7 e 11 anos.

 "Intentou suicidarse botándose ao río, non sabía nadar e estaban por alí os nenos".

Todos os indicios apuntan a un crime machista pero a investigación segue aberta. A policía espera a coñecer os resultados da autopsia, e analiza as imaxes das cámaras dos lugares relacionados co crime.

Tamén vai tomarlle declaración ao detido, que o sábado confesou o crime, aos rapaces e ás testemuñas que viron como se botaba á auga a chamaron o 091.

"Cando vai pasar a disposición xudicial?, é probable que sexa este luns pero tampouco podo concretar, neste momento está detido, está nos calabozos da Policía Nacional".

"O primeiro é gardar a intimidade dos cativos, están nun piso de acollida e intentamos localizar algún familiar en Europa, a ver se podemos contactar".

Na concentración participou tamén unha representación ampla de todos os partidos políticos, incluído Vox, que foi obxectivo das protestas do colectivo feminista da Rioxa.

 "Temos que seguir traballando xuntas todas as administracións públicas, todos os partidos políticos sen ningún tipo de discusión".

A xornada de protesta finalizou con outra concentración convocada polo Concello de Logroño, que se celebrou xunto a un mural colaborativo contra a violencia de xénero.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade