Publicador de contidos
Publicador de contidos

A negociación do convenio do metal de Lugo non avanza e os traballadores mobilízanse

A negociación do convenio do metal de Lugo non avanza e os traballadores mobilízanse

Ameazan con convocar unha folga se a patronal non flexibiliza a súa postura

Tras 14 meses de negociacións, acusan a patronal de non asumir ningunha das súas reivindicacións

G24.gal 21/03/2023 14:25

Os traballadores do metal da provincia de Lugo mobilízanse. Din que despois de 14 meses de negociacións, a patronal négase a asumir ningunha das reivindicacións que puxeron sobre a mesa.

Levan tentando sacar adiante o novo convenio dende o 20 de xaneiro de 2022 sen que, segundo os sindicatos, a patronal acepte ningunha das súas propostas. 

José Luis López, de CCOO, di que "os traballadores e traballadoras non entenden como despois de 14 meses de negociacións, e tal como está a inflación, non lles queiran dar nin os atrasos xa vencidos do ano 22".

Aseguran que a patronal se amosa inflexible na revalorización salarial, polo que acordaron mobilizarse. 

Alfonso Losada, desde a CIG, di que "chegado este punto non queda máis remedio que dicir basta xa. Non podemos seguir aturando unha patronal agarrada".

Pola súa parte Carlos García, de UXT, di que "os traballadores non poden estar perdendo poder adquisitivo todos os anos".

Na provincia de Lugo hai uns 7.000 traballadores vinculados ao metal, que abarca subsectores como carpintería metálica, reparación de vehículos, calefactores e fontaneiros ou refrixeración industrial.

Se non hai avances na negociación do convenio, convocarán unha folga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade