Mobilización dos veciños afectados polas obras da A-57 en Pontevedra
Mobilización dos veciños afectados polas obras da A-57 en Pontevedra
A veciñanza das parroquias pontevedresas de Bora e Xeve denuncian que o novo tramo previsto, entre A Ermida e Pilarteiros, levará por diante casas, terreos e negocios
A veciñanza das parroquias pontevedresas de Bora e Xeve mobilízase polas obras da autovía A-57. Os veciños denuncian que o novo tramo previsto, entre A Ermida e Pilarteiros, levará por diante casas, terreos e negocios.
Será o segundo teito previsto da A-57, concibida como unha alternativa á AP-9 para circunvalar Pontevedra. Prevese que ocupe unha zona de cinco quilómetros entre A Ermida e Pilarteiros, e o proxecto contará con cen millóns de euros.
As obras da autovía afectaron vivendas e terreos nas parroquias de Bora e Xeve. Os veciños denuncian que "vai desfacer o núcleo rural". De feito, unha horta ecolóxica en Bora pode perder o seu selo ecolóxico pola contaminación acústica, aérea e de residuos que se pode derivar da construción da autovía.
Os veciños destas dúas parroquias pontevedresas entenden que a construción da A-57 vai provocar danos enormes. Piden un trazado alternativo que non divida as parroquias.