Publicador de contidos
Publicador de contidos

Moita afluencia en praias e espazos de baño fluviais

Moita afluencia en praias e espazos de baño fluviais

A calor e o día festivo animaron os bañistas

A bacía ourensá do Miño foi a máis concorrida

Andrés Pavón/Javier Mangana 15/08/2024 19:33 Última actualización 15/08/2024 20:25

Nadar, tirarse ao río, utilizar pequenas embarcacións ou mesmo tomar o sol. Son moitas as opcións de lecer e de refresco que ofrecen as ribeiras fluviais galegas nestas xornadas tan calorosas. Por iso, a afluencia de bañistas é ampla, pero sen chegar á masificación que hai nas praias marítimas en datas festivas.

"Moi gratamente sorprendidos xa que non coñeciamos isto e gústanos moito".

"Aquí estase moi tranquilo. Levamos anos vindo".

"Nado e métome seguido porque vai moita calor".

Outra vantaxe que ofrecen os espazos de baño fluviais é que os podemos atopar en case todos os concellos galegos e sen facer grandes desprazamentos. Pero sempre hai que ter en conta as medidas de seguridade e non confiarse por moi tranquilas que parezan as augas xa que sempre pode haber correntes. Con todo, a maior actividade concéntrase nas beiras.

"Hai xente pero temos espazo para todos

"Isto é mellor que ir á praia. Estase ben coa xente que hai".

Así que, xa saben, sempre hai un río preto no que poder pasar estes días de calor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar