Moita xente aproveita o verán para sacar o carné de conducir
Moita xente aproveita o verán para sacar o carné de conducir
A maioría das autoscolas de Ourense non pechan no verán, e preparan, sobre todo, xente nova que remata o bacharelato
O verán é a época de maior actividade para as autoescolas porque son moitos os que aproveitan as vacacións para sacaren o cané de conducir. De feito, agosto e setembro conforman a temporada alta nas autoescolas.
Malia que as primeiras semanas de agosto deixan de facerse exames, a maioría das autoescolas de Ourense non pechan no verán e manteñen as súas clases teóricas tanto presencialmente como en liña, para falicitar o acceso a todo aquela persoa que queira sacar o carné de conducir. Nestes meses están a tope coas clases prácticas no coche. Preparan, sobre todo, xente nova que remata o bacharelato e antes de comezar os estudos universitarios decide sacar o carné de conducir.
Desde a Asociación Provincial de Autoescolas de Ourense din que nos últimos anos hai un cambio de tendencia e cada vez a xente atrasa máis a idade para obter o permiso de condución e que adoitan facelo cando buscan o seu primeiro traballo.
Por exemplo, na provincia de Ourense, tras unhas semanas de descanso, a DXT retomou as probas teóricas e prácticas o pasado 21 de agosto, e agora son moitos os que se enfrontan aos exames para se converteren en condutores noveis.