Publicador de contidos
Publicador de contidos

Moito marisco e peixe, pero pouco ambiente nos mercados

Moito marisco e peixe, pero pouco ambiente nos mercados

"Moitos xa mercaron para conxelar, os outros xa agardan ao propio día"

A cigala, o percebe ou o camarón poden subir ata 80 euros o quilo de cara á fin de semana

G24.gal 20/12/2023 13:48

Moito marisco, pero pouco ambiente na praza.

"Non compensa mercar hoxe para conxelar porque pouco vas aforrar". "Hoxe é día de preguntar prezos e facer os encargos", comentan os vendedores do mercado da praza de Lugo.

O lumbrigante xa está a 75 euros o quilo; a cigala grande, a 100 euros, e a centola, a 45 euros o quilo. Pero nos vindeiros días todo o marisco vai seguir subindo.

"O marisco xa está moi caro. Había que mercalo antes", di un cliente do mercado.

"A centola é o que se está mantendo, pero de hoxe ao sábado subirá vinte euros o quilo". "A cigala, o percebe ou o camarón poden subir 50, 60 ou 80 euros o quilo. Eses son os que se van disparar", contan os vendedores.

Os peixes grandes para facer ao forno tamén están a ter moita demanda nestes días.

"O peixe sapo xa está entre 22 e 24 euros". "O ollomol está moi caro. Desde 35 euros o pequeno ata os 80 ou 100 euros".

E os que agardan a última hora, saiban que este domingo, día de Noiteboa, o mercado da praza de Lugo vai abrir no seu horario habitual. Iso si: venderán o que lles quede do sábado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade