Publicador de contidos
Publicador de contidos

Moncho López quere levar o COB de volta á elite

Moncho López quere levar o COB de volta á elite

O adestrador naronés asina por dúas tempadas co club ourensán

Volve adestrar en España despois de 16 anos

G24.gal 03/07/2024 15:15

O Club Ourense Baloncesto encárgalle o liderado do equipo ao técnico galego Moncho López. O exseleccionador español volve adestrar no país tras 16 anos. Neste tempo fíxose cargo do FC Porto, que compaxinou durante 13 tempadas coa dirección das seleccións de Portugal e Angola. Agora volve a Galicia, onde adestrará un COB ao que admira como equipo:

Ourense é unha cidade de baloncesto e o club é un histórico do baloncesto nacional

López pretende voltar cos ourensáns á Liga ACB. Logo de non conseguir salvar a categoría co Breogán na tempada 2005/06, quere redimirse co baloncesto galego. Coñece a Primeira FEB e sabe que non será doado:

É unha competición moi complicada. Trátase da cuarta ou quinta mellor liga europea

O naronés tamén tivo palabras para Moncho Fernández, con quen adestrou o Xixón ou o Breogán. Amigos desde entón, non ten dúbidas de que "o alquimista de Pontepedriña" volverá adestrar máis cedo que tarde.

Dicía o presidente da Fedración Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, que Moncho Fernández é o mellor adestrador galego de todos os tempos, e é moi probable

Moncho López teno claro:

Ourense vai volver á Liga ACB

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar