Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha tenda de Lugo especialízase en xoguetes dos anos 80

Unha tenda de Lugo especialízase en xoguetes dos anos 80

Os bonecos de Playmobil son a principal atracción

Mercan pezas antigas por toda España

G24.gal 05/07/2024 19:22 Última actualización 05/07/2024 19:58

Regalos para quen se xubila, para quen casa ou quen fai anos. Os famosos clicks de playmobil son o agasallo de moda, especialmente para os que xogaron con eles de cativos. Nesta tenda de Lugo aproveitan este gusto polo retro e recuperan pezas por toda España. Incluso fan pequenos arranxos para personalizalos. E é que, case 50 anos despois de saír ao mercado, os bonecos seguen causando furor.

"Hai milleiros de coleccionistas e é algo que case todos tivemos ou que lle regalamos aos nosos fillos nalgunha ocasión", di Luis García, de Koleccióname.

Na tenda tamén hai outros xoguetes de época. Os coches en miniatura ou as maquetas foron contemporáneos dos playmobil e están moi demandados. Para conseguir todas estas pezas hai que pasar moitas horas de traballo. De feito, os donos montaron a tenda logo de moitos anos sendo simplemente coleccionistas.

"Nós xa estiveramos vendendo en feiras e, cando viñemos para Lugo, vimos que a tenda era unha boa opción".

Para toda a familia teñen un xogo no escaparate. O obxectivo, atopar as pezas infiltradas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade