Publicador de contidos
Publicador de contidos

Moncho López volve a Galicia para adestrar o Club Ourense Baloncesto

Moncho López volve a Galicia para adestrar o Club Ourense Baloncesto

Estivo no baloncesto portugués de 2008 a 2022 e nas dúas últimas campañas probou sorte no Xapón

G24.gal 22/06/2024 15:03

Moncho López (Ferrol, 1969) volve a Galicia para adestrar na Leb Ouro. Será o técnico do Club Ourense Baloncesto e asina por dúas temporadas, síntoma da forte aposta da entidade por un adestrador cunha gran traxectoria. 

Non podemos esquecer que Moncho López dirixiu a selección española entre 2002 e 2003 e logo pasou por equipos de ACB como o Breogán ou o Caja San Fernando. En 2008 chegoulle a oportunidade de conducir a selección portuguesa e non desaproveitou a ocasión. 

No país veciño realizou unha gran traxectoria. Ademais da selección dirixiu o Porto durante trece temporadas (2009-22) nas que conseguiu levantar quince títulos. As dúas últimas campañas o seu destino foi máis exótico. No Xapón foi o adestrador do Fukuoka. Agora volve a Ourense con ganas de volver a facer camiño no baloncesto español. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos