Publicador de contidos
Publicador de contidos

O COB de Moncho López segue marcando o ritmo na Primeira FEB

O COB de Moncho López segue marcando o ritmo na Primeira FEB

Derrotou o Grupo Alega Cantabria por 93-65 na segunda vitoria clara como local da temporada

G24.gal 12/10/2024 21:05

O Club Ourense Baloncesto segue a marcar o ritmo á fronte da Primeira FEB. Gañou os tres primeiros partidos e os dous que xogou na casa fíxoo con moita claridade. No último, que puidemos ver na G2, superou con claridade ao Grupo Alega Cantabria por 93-65. Só estivo por debaixo do seu rival no segundo cuarto. No resto do partido amosouse moi superior o equipo de Moncho López.

Benjamin Krikke (23 puntos) marcou a pauta na pintura e estivo ben secundado por uns compañeiros que estiveron por riba do 50 % de acerto no tiro exterior. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade