Cargando resultados...
Mondoñedo continúa celebrando as feiras das San Lucas, salpicadas nesta ocasión pola chuvia
Mondoñedo continúa celebrando as feiras das San Lucas, salpicadas nesta ocasión pola chuvia
As festas máis antigas do outono galego volven congregar moitos visitantes
Os paraugas tomaron as rúas mindonienses, pero non impediron pasear polos postos e tomar o polbo
G24.gal
19/10/2024 21:06
Os paraugas tomaron as rúas de Mondoñedo, no penúltimo día das San Lucas, pero aínda así a localidade encheuse de visitantes.
Son as feiras máis antigas de Galicia. Visitalas é máis ca unha tradición.
O mercado gandeiro é un dos atractivos destas feiras, pero tamén mercar nos postos.
A chuvia tentou restar protagonismo aos cabalos, nunha xornada na que estaba programado un espectáculo de doma e a actuación de Isabel Aauín, autora de La Potra Salvaje.