Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mondoñedo recupera a baixada dos cabalos, a tradición máis chamativa das San Lucas

Mondoñedo recupera a baixada dos cabalos, a tradición máis chamativa das San Lucas

Cincocentos animais percorreron a vila e pasaron pola Praza da Catedral

G24.gal 17/10/2022 21:01 Última actualización 17/10/2022 21:57

Despois de dous anos sen celebrarse por culpa da pandemia, as San Lucas recuperaron unha das súas tradicións. Cincocentos cabalos do monte baixaron á vila conducidos polos seus propietarios. Percorreron as rúas e pasaron pola Praza da Catedral, onde todo o mundo espera para velos.

"É espectacular, moi bonito e ten moito mérito que dean xuntado tantos animais", di unha muller.

"Veño desde Madrid a velo. Tiña referencias e aquí estou", explica un visitante.

É unha tradición que cada ano atrae máis público.
 

"Xa é un acto asentado na programación das San Lucas. É un efecto reclamo. Cada ano vén máis xente a velo e cada ano quere participar máis xente da baixada, tanto xinetes como gandeiros como o propio público", explica Miguel García, o vicepresidente da Asociación das San Lucas.

As reses serán vendidas este martes na Gran Feira Tradicional Cabalar. A baixada dos cabalos realízase sempre na véspera do día grande das San Lucas, a festa e feira máis antiga de Galicia, con máis de oito séculos de historia.
 
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar