Publicador de contidos
Publicador de contidos

Montederramo celebra este mércores a Festa da Carne

Montederramo celebra este mércores a Festa da Carne

Festa gastronómica e feira do gando para gozar das mellores carnes do país

G24.gal 12/10/2022 19:35

O concello de Montederramo, na Terra de Caldelas é xa nun lugar de exaltación da carne do país. Na cita gastronómica puidéronse ver os mellores exemplares de gando vacún da zona.

Son exemplares que se crían nos montes do Macizo central ourensán en liberdade. Están adaptadas ao pastoreo e a estar fóra todo o ano,

Este mércores estiveron expostas neste recinto precisamente para que os asistentes esta festa da carne vexan as súas características. Poden comprobar de primeira man a calidade destes exemplares e tamén poden mercalos.

Da cría do gando vacún viven nesta comarca case todas as familias. Son máis de 80 produtores. A maioría son xente nova que crían as reses en extensivo e cos mellores coidados para que a carne resulte exquisita na cociña.

Hoxe toca gozar gastronomicamente deste produto. Mais de 800 quilos dunha carne de tenreira galega suprema das mais cotizadas na cociña que podemos saborear elaborada do xeito mais tradicional en empanada richada ou ao caldeiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar