Montse Tomé nega que recibise presións da Federación para non convocar a Jenni Hermoso
Montse Tomé nega que recibise presións da Federación para non convocar a Jenni Hermoso
A adestradora da selección feminina de fútbol negou este venres que o seu predecesor, Jorge Vilda, ou alguén da Federación influísen na súa decisión de non convocar a Jenni Hermoso
A seleccionadora española de fútbol, Montse Tomé, declarou esta mañá como testemuña diante do xuíz que investiga o expresidente da Federación Luis Rubiales polo bico non consentido que lle deu á xogadora Jenni Hermoso despois da vitoria no último mundial.
Tomé negou que recibise presións para excluír a Hermoso das seguintes dúas convocatorias da selección e asegurou que obedecera a criterios técnicos.
A comparecencia de Tomé fora solicitada pola defensa dun dos investigados, o exseleccionador Jorge Vilda.
Tras escoitala, o xuíz decidiu manter o auto en que propón abrir xuízo oral a Rubiales, Vilda e outros dous directivos da Federación.