Morre Nélida Piñón, filla de emigrantes galegos e símbolo da literatura brasileira
Morre Nélida Piñón, filla de emigrantes galegos e símbolo da literatura brasileira
A escritora, que faleceu en Lisboa aos 85 anos,foi a primeira muller en presidir a Academia Brasileira das Letras
Escritora universal con raíces en Cotobade
Recibiu o Premio Príncipe de Asturias en 2005 e foi a primeira muller honoris causa pola Universidade de Santiago
A escritora e académica Nélida Piñón morría este sábado en Lisboa aos 85 anos. Nada en Río de Xaneiro en 1937, tiña formación en xornalismo e era recoñecida como unha das escritoras máis prestixiosas en lingua portuguesa.
En 2015 Nélida Piñón recibía un diagnóstico oncolóxico que a levaba a unha escrita de despedida no seu último libro, Uma furtiva lágrima. Nel deixou gravado: "Gardo Galiza no nicho da memoria", como xa retratara nunha das súas obras máis recoñecidas, A República dos soños, unha estampa do éxodo masivo dos emigrantes galegos a Latinoamérica.
Nélida faleceu con 85 anos en Lisboa, despois de ser a primeira muller que presidiu a Academia Brasileira de Letras. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias en 2005 e en 2014 foi elixida académica de honra das nosas letras.
Hai pouco recibía a nacionalidade española pola orixe galega da súa familia.
Ocupaba no Brasil a cadeira 30 da Academia das Letras. As súas novelas son unha permanente vindicación da memoria e dos soños. Autora de 25 libros, incluían novelas, contos ensaios e memorias, foi a primeira brasileira que recibiu os principais premios da literautra iberoamericana, como o Juan Rulfo ou o Menéndez Pelayo.