Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre a muller ferida no incendio dunha vivenda en Cabana de Bergantiños

Morre a muller ferida no incendio dunha vivenda en Cabana de Bergantiños

Sufrira queimaduras de terceiro grao no 80 % do seu corpo

G24.gal 05/02/2022 17:45

A muller de 64 anos que sufrira graves queimaduras no incendio dunha vivenda ocorrido no concello de Cabana de Bergantiños morreu pouco despois da súa chegada ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).  

Segundo confirman fontes da área sanitaria, faleceu ao redor das 23:00 horas do venres polas queimaduras de terceiro grao que afectaron o 80 por cento do seu corpo.  

As forzas de seguridade abriron unha investigación para tentar esclarecer as circunstancias nas que se orixinou o lume e a relación da vítima coa propiedade, deshabitada no momento do suceso porque se atopaba en obras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade