Morre aos 79 anos Ceferino de Blas, figura do xornalismo e cronista oficial de Vigo
Morre aos 79 anos Ceferino de Blas, figura do xornalismo e cronista oficial de Vigo
Ceferino de Blas García faleceu na madrugada deste domingo en Vigo aos 79 anos de idade. Coa súa morte, Vigo perde o seu cronista oficial e o xornalismo en Galicia unha figura que De Blas personificou durante décadas desde a dirección do diario decano da prensa española, Faro de Vigo.
Foi un expoñente destacado do xornalismo e o cronista oficial de Vigo. Na cidade olívica foi onde desenvolveu boa parte da súa carreira profesional, aínda que era asturiano de nacemento. Traballou en varios medios e dirixiu o Faro de Vigo durante unha década, ata a data da súa xubilación.
Autor dunha ducia de libros, entre eles destacan Cunqueiro e Faro de Vigo, Rosalía de Castro e Faro de Vigo, Fernández del Riego. O guerreiro do galeguismo, Emilia Pardo Bazán no país das rías. A presentación da súa última obra, Vigo e o Nadal, publicada en novembro, foi tamén o seu último acto público.
Faleceu na madrugada deste domingo aos 79 anos. O funeral polo seu falecemento será o martes.