Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre Cesáreo 'o Magnífico', o patriarca dos porcos celtas

Morre Cesáreo 'o Magnífico', o patriarca dos porcos celtas

O porco Cesáreo tivo que ser sacrificado por unha lesión medular

G24.gal 05/05/2022 21:43 Última actualización 05/05/2022 22:00

O patriarca dos porcos celtas, de nome Cesáreo, alcumado 'o Magnífico' morreu en Vilalba, na granxa á que chegou cando aínda era un leitón en 2014. A Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta elixírao para iniciar unha estirpe de porcos celtas da variedade carballina. Tiveron que sacrificalo por unha lesión medular hai uns días aos oito anos de idade, nos que contribuíu a recuperar a raza autóctona. O seu dono despediuno nas redes sociais remedando versos de Rosalía de Castro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar