Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre en Ourense unha muller de 42 anos no incendio da súa casa

Morre en Ourense unha muller de 42 anos no incendio da súa casa

A muller morreu intoxicada polo fume sen poder moverse da cama

Estaba impedida dende que no 2020 sufriu un ictus e convivía co seu home, que ten síndrome de Dióxenes

A familia quere saber se houbo unha neglixencia

G24.gal 20/12/2023 13:38 Última actualización 20/12/2023 21:24

Traxedia este mércores en Ourense. Unha muller de 42 anos morreu intoxicada por fume tras un incendio na súa casa. A vítima estaba impedida e vivía co seu home nunha casa chea de lixo.
A voceira dos seus fillos fala dunha posible neglixencia.

Foron os veciños de Quintela os que contra as oito e media da noite alertaron de que saía fume da vivenda.

Tiña 42 anos e contounos a voceira dos fillos da falecida, que estaba encamada dende que no 2020 sufriu un ictus.

Convivía co seu home, unha persoa con problemas de drogopendencia e síndrome de Dióxenes. Os fillos do matrimonio, dos que dende cativos tiveron que facerse cargo os avós, pediron moitas veces axuda, pero non conseguiron nada.

Aos veciños non lles sorprende que se producise un incendio tal e como estaba a casa, chea de lixo, e cando el, aseguran, queimaba cable de cobre acotío na cheminea.

A Policía Xudicial recollía hoxe probas para determinar as circunstancias en que comezou o lume.

A muller faleceu intoxicada polo fume na cama, onde pasaba os seus días, sen poder fuxir.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade