Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre Sixto Rodríguez, o músico que foi un ídolo de masas sen sabelo

Morre Sixto Rodríguez, o músico que foi un ídolo de masas sen sabelo

Famoso e supervendas en Suráfrica, sobrevivía a duras penas nos Estados Unidos sen saber que os seus discos eran todo un éxito e un símbolo contra o apartheid

A súa historia foi retratada no oscarizado documental Searching for Sugar Man (2012)

G24.gal 09/08/2023 19:13 Última actualización 09/08/2023 19:54

O cantautor estadounidense de orixe mexicana Sixto Rodríguez faleceu este martes aos 81 anos.

Así o acaba de anunciar a súa páxina web oficial.

"Con gran tristeza en Sugarman.org anunciamos que Sixto Díaz Rodríguez faleceu no día de hoxe. Expresamos o noso máis sentido pésame ás súas fillas -Sandra, Eva e Regan- e a toda a súa familia. Rodríguez tiña 81 anos. Que a súa querida alma descanse en paz", detalla un comunicado.

A incrible historia de Sixto Rodríguez foi retratada no oscarizado documental Searching for Sugar Man (2012).

Sixto era un músico totalmente descoñecido nos Estados Unidos. Pero mentres facía bolos en bares, ou traballaba na construción para sobrevivir, converteuse sen sabelo nunha estrela na Suráfrica que loitaba contra o apartheid. Os seus discos pasaban de man en man e era un auténtico ídolo ao que ninguén coñecía. 

O seu representante, desexoso de facer diñeiro, nunca lle dixo que os seus discos se vendían noutro lado do planeta. E mentres tanto, quedaba co diñeiro que debía pagarlle ao artista. En Suráfrica dábano por morto. 

A incrible historia deste home que era un ídolo nun país sen sabelo foi retratada no oscarizado documental Searching for Sugar Man (2012).

Rodríguez, nacido en Detroit e de pais mexicanos, publicou dous álbums de rock, Cold Fact (1970) e Coming From Reality (1971), pero abandonou a súa carreira artística moi pronto, pois non conseguiu vender moitos discos.

Tras a popularidade do documental, a discográfica Blue Goose Music de Australia comprou o seu catálogo de cancións e sacou ao mercado ambos os discos, e unha nova compilación do mellor de ambos titulada At his Best, revivindo a carreira do artista 40 anos despois.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos