Cargando resultados...
Morre tamén a segunda queimada ao manipular unha rozadoira en Carnota
Morre tamén a segunda queimada ao manipular unha rozadoira en Carnota
G24.gal
20/09/2023 09:04
As dúas persoas feridas ao manipular unha rozadoira en Carnota faleceron por queimaduras de terceiro grao en todo o corpo.
Fontes sanitarias informaron de que o home faleceu o martes á mañá ao non poder superar as queimaduras sufridas, e a muller morreu a última hora do día polo mesmo motivo.
O 112 Galicia detallara que o incendio se iniciou pouco antes das 21 horas do luns, cando un particular avisou de que había lume nunha casa situada na parroquia de Lira, en Carnota onde había dúas persoas.
As queimaduras foron provocadas por unha deflagración por gasolina ao manipularen unha rozadoira.